Técnicas de salvamento

O obxectivo do remolque é arrastrar á víctima de un accidente acúatico ou afogamento á zona que previamente se determinou para a súa atención. Aínda que existen distintas técnicas de salvamento, todas elas teñen en común unhas características concretas:

O remolque farase de maneira que evite agravar as posibles lesións que poidan existir.
A cara da víctima en todo momento debe estar fora da auga.
Débese ir sempre comprobando o seu estado, por si recupera a consciencia ou xurxe algún cambio.
O remolque, independientemente da técnica, debe permitir ó auxiliador un nado eficaz e o máis rápido posible.

Técnicas básicas de salvamente acuático;

Si a víctima está inconsciente:



  • Man-nuca: esta maniobra consiste en coller con unha man á víctima pola nuca, de maneira que se sosteña a cabeza hacia arriba. O brazo que lle agarra queda en ángulo recto mentras que co outro da brazadas. Recoméndase para personas inconscientes e non moi pesadas.
  • Hombro axila: trátase de pasar un brazo por encima do ombro do accidentado e agarrar a axila contraria, permitindo ó socorrista nadar, ou bien de espaldas apoiándollo no peito, ou ben de lado con apoio na cadeira. Esta técnica de salvamento é útil con persoas inconscientes e pesadas.
  • Maniobra de torno: é complicada e utilízase en casos de sospeita de lesión de columna. O auxiliador colócase á espalda da víctima, un brazo forma una línea recta ó largo do seu peito e a man agárralle o mentón. Coa outra man sostén a nuca e parte posterior da cabeza. Unha vez así, o socorrista apreta firmemente á víctima contra o seu peito e nada de espaldas con patadas alternas. O obxectivo é que o cuello e o tórax queden alineados para, unha vez chegada a camilla, colocalo nela cos menos movementos posibles.


Si a víctima está consciente:


  • Si a víctima pode seguir órdenes e é capaz de escoitar ela misma, indicaranos a maneira máis cómoda para ambos, xa que se poderá ter en conta as posibles lesións que presente.
  • A víctima está fora de control presa do pánico e non é posible establecer unha comunicación. Esta situación requiere unha maniobra de inmovilización para protexer ó socorrista, e unha vez inmovilizada a víctima, remólcase e inténtaselle calmar. Para inmovilizar, a técnica máis sinxela é poñerse á súa espalda e rodeale pola cintura con un brazo. A víctima agarrarase ó brazo desesperadamente, e o socorrista coa sñua outra man colle polos dedos o brazo que teña encima, rompendo así a presa. Este brazo colocaráselle á súa espalda, quedando así a víctima de espaldas, con un brazo detrás inmovilizado e incapaz de causar lesións ou afogar ó socorrista. De esta maneira poderáselle remolcar mentras que se lle intenta tranquilizar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario