A natación recreativa

A natación recreativa é un planteamiento que, de acordo cás novas correntes educativas, consigue que a adaptación ó medio acuático resulte unha actividade ante todo divertida para o neno. Para os máis pequenos, a natación non debe considerarse unha actividade meramente deportiva.
Tradicionalmente a ensinanza da natación estivo basada na repetición mecánica de movementos. A experiencia demostrounos que os tradicionais "cursillos" resultan monótonos e nalgunhos casos chegan a xerar rechazo nos nenos, especialmente nos máis pequenos.
Debemos conseguir que a auga resulte un vehículo eficaz para o desarrollo psicomotor, social e afectivo do neno. Ante él ábrese un mundo novo de sensacións e experiencias. Toda a actividade desarróllase mediante xogos, contando cos máis variados e modernos materiais: "Aprender xogando"
Os obxectivos finais da natación recreativa son conseguir unha perfecta adaptación ó medio acuático, dominio das habilidades acuáticas tales como xiros, saltos, lanzamentos, inmersións e diferentes propulsións, para conseguir desta forma un auténtico dominio do medio acuático e alcanzar de maneira fácil un aprendizaxe da técnica de estilos. En definitiva, o fin é o mesmo, o camiño para logralo moi diferente.

Características das actividades acuáticas recreativas:

Do grupo:

Evidentemente a edad, o nivel e as características do grupo condicionannos en canto ós obxectivos, non serán os mesmos para un neno, un adulto ou unha persona da terceira idade.
Polas mesmas razóns a metodoloxía de traballo, o material a utilizar e a motivación do grupo non serán as mesmas.

Ambientais:

As actividades acuáticas recreativas deben poder realizarse en calquer tipo de piscina.
Existen unha serie de aspectos referidos á ambientación que sin duda contribuirán á consecución dos obxectivos planteados.

Da piscina:
Ademáis de ter en conta a forma da piscina, teremos en conta as características propias da misma en canto á súa profundidade: piscinas moi profundas, pouco profundas e mixtas (unha parte profunda e outra menos). Todas estas características tamén van a incidir na metodoloxía de traballo e no material a utilizar.

Do material:

Podemos dispoñer dun amplio abanico de posibilidades de traballo:                
a) Material convencional de piscinas: tablas, colchonetas, corcheros, burbullas e cinturóns, patas, aletas, gafas, etc.                  
b) Material convencional da educación física: pelota, aros, cordas, globos.                    
c) Material non convencional: non está aconsellable para ser utilizado en piscinas: sillas, cubos, latas, muñecos.
d) Materiais recreativos (alternativos): balóns xigantes, pontes, torres de neumáticos...




No hay comentarios:

Publicar un comentario